AD

Deportes

O Olímpico de Vedra, subcampións galegos de Duatlón cadete, xuvenil e júnior

today21 abril, 2026

Fondo
share close
AD

O sábado 18 de abril en Muros, as categorías cadete, xuvenil e júnior, volvían a acadar outro importante éxito ao acadar o subcampionato galego de dúatlon por segundo ano consecutivo.

O resultado fundamentouse na sólidas actuacións individuais dos membros do equipo, que sacaron a súa mellor versión en prol do obxectivo común. En junior feminino Laura Rodríquez 5ª fémina mentres que masculino Xandre Pomar foi 8º e Brais Otero 14º. En xuvenil feminina Julia Pereiras foi 8ª, Alejandra Rodríguez 14ª e lástima da descalificación de Lucía Taboada, cando marchaba en postos moi avanzados. Na xuvenil masculina Diego Barros ocupou o 23º posto. Xa na categoría cadete feminina Micaela Docampo foi 11ª, Iria Barros 12ª, Xiana de la Fuente 17ª e na masculina Isaac Otero 24º e Álvaro Iglesias 29º. Unha fantástica actuación, xa que ademáis o equipo contaba con 6 baixas por diversos motivos.

Esta actuación doulle ao Olímpico de Vedra o subcampionato galego, soamente superados polo Infohouse Santiago e acompañados no terceiro posto do podio polo Triatlón Mar de Vigo. Segunda medalla de prata automómica consecutiva na categoría na modalidade de dúatlon, onde foi ademáis unha das escolas máis numerosa. Isto volve a ser unha mostra da posta en valor o traballo de base que se leva anos desenvolvendo a escadra vedresa, con unha filosofía centrada no esforzo, a constancia e o compañeirismo, tratando de non anticipar etapas. Este éxito deixa claro que o Olímpico segue medrando e vislumbrado un futuro prometedor.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *