Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Un home perdeu a vida este venres tras sufrir un accidente de tráfico coa súa cabeza tractora na AP-53, ao paso polo concello de Vedra. O sinistro produciuse á altura do quilómetro 14,5, na parroquia de San Mamede de Ribadulla.
Ata o lugar mobilizouse o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, ademais dunha ambulancia do 061. Porén, a pesar dos esforzos dos equipos sanitarios, que lle practicaron manobras de reanimación cardiopulmonar no lugar do accidente, non foi posible salvarlle a vida ao condutor.
O 112 Galicia recibiu o primeiro aviso ás 14:50 horas a través do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Poucos minutos despois, un particular alertou de que un camión impactara contra o quitamedos e de que o seu condutor permanecía atrapado no interior da cabina, precisando asistencia sanitaria urxente.
Desde a sala de operacións do 112 Galicia mobilizáronse os Bombeiros de Ordes, o GES da Estrada, a Garda Civil de Tráfico e os efectivos de Protección Civil, que interviñeron no operativo de emerxencia.
As circunstancias nas que se produciu o accidente están a ser investigadas.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)