Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today19 mayo, 2026
Teo (A Coruña), 19 de maio de 2026.- O Concello de Teo colabora coa Asociación Empresarial de Teo (AETeo) na celebración da I Feira de Empresas teenses, que terá lugar este domingo, 24 de maio, na explanada da Casa Común de Oza, en Ribas. O obxectivo é poñer en valor o tecido empresarial do municipio e achegar á veciñanza de Teo e dos municipios da contorna a diversidade de negocios e servizos existentes no concello.
A feira, que se desenvolverá en horario de 11.00 a 22.00 horas, contará cun amplo programa de actividades pensado para todos os públicos. De feito, ademais de postos de negocios asociados e convidados, como é o caso de Arteneo, tamén haberá obradoiros infantís de ourivaría e de madeira, así como inchables gratuítos e zona gastronómica.
A programación tamén inclúe diferentes actuacións ao longo de todo o día, entre elas a da Asociación Cultural Rosalía de Castro e a da Asociación Cultural A Carrabouxa. A sesión vermú e a festa da tarde-noite correrá a cargo da orquestra Eureka.
Dende a organización destacan que o principal obxectivo desta iniciativa é concienciar ao público en xeral da importancia do tecido empresarial do concello. Baixo o lema “Que a actividade económica do teu concello siga adiante, depende tamén de ti! Somos parte de ti e ti parte de nós”, esta feira nace coa intención de converterse nun punto de encontro entre empresas, asociacións e público en xeral do concello de Teo e de toda a contorna
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)