AD

Actualidad

Últimas horas para a presentación de propostas nos Orzamentos Participativos de Xuventude

today14 febrero, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

14/02/2024 Mañá, 15 de febreiro, ás 14.00 horas péchase o prazo para a presentación de propostas no proceso de Orzamentos Participativos na área de Xuventude. Calquera persoa, sen límite de idade, pode formular as súas iniciativas, se ben só os mozos e mozas de entre 16 e 30 anos poderán votar para elixir as gañadoras. A día de hoxe, xa son máis dun cento as propostas validadas no proceso, no que se decide o destino de 100.000 euros do presuposto para actividades da área de Mocidade.

O proceso de Orzamentos Participativos Compostela Decide está acadando uns altos niveis de participación, e xa se teñen presentado máis de 200 propostas tanto a través da web decide.santiagodecompostela.gal como nos talleres formativos presenciais que se desenvolveron en institutos e facultades de Santiago. O persoal técnico do departamento de Xuventude encárgase de avaliar esas iniciativas, para comprobar a súa viabilidade e que se axustan ao orzamento máximo de 15.000 euros por proxecto, e tamén para agrupar aquelas propostas que sexan coincidentes. Despois deste traballo, a día de hoxe son máis dun cento as iniciativas validadas para seren sometidas a votación. Entre elas, hai proxectos relacionados coa música, artes urbanas, cine, deportes, emprendemento xuvenil, igualdade, dereitos dos animais ou ecoloxismo.

O prazo para a presentación de propostas remata mañá, ás 14.00 horas. Calquera persoa pode deixar as súas na web decide.santiagodecompostela.gal ou no correo electrónico decide@santiagodecompostela.gal.

Votación a partir do 19 de febreiro

A fase de votación nos Orzamentos Participativos de Xuventude comezará o luns 19 de febreiro, e estenderáse ata o 3 de marzo. Poderán votar os mozos e mozas nacidos entre 1994 e 2008 que residan, estuden ou traballen en Santiago, e será obrigatorio elixir tres das propostas presentadas indicando o seu grao de preferencia.

No proceso de Orzamentos Participativos Compostela Decide téñense celebrado máis dunha vintena de obradoiros nos IES Xelmírez I, San Clemente, Fontiñas, Rosalía de Castro, Sar, e Pontepedriña; na Universidade de Santiago e no Centro Xove da Almáciga; nos que participaron en total máis de 900 mozos e mozas.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%