Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today2 octubre, 2026
O artista local estivo acompañado polo alcalde de Brión, Pablo Lago, e o director territorial de Educación, Santiago Freire
2 de outubro de 2026.- O CEIP de Pedrouzos abriu hoxe venres a programación especial polo 50 aniversario do colexio brionés, que se desenvolverá durante o curso 2026/2027. Un programa que arrincou esta mañá co descubrimento dun mural elaborado polo artista Fernando Yáñez na entrada ao patio cuberto do centro.
O acto estivo presidido polo alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, e pola directora do CEIP de Pedrouzos, María Gómez Paz; quen estiveron acompañadas polo director territorial de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Coruña, Santiago Freire Abeijón; as concelleiras de Ensino, Guarina Rey; Cultura, Sandy Cebral; e Servizos Sociais de Brión, Rosa Romero; o propio Fernando Yáñez; representantes da ANPA Andaravía e do profesorado do colexio, á fronte do alumnado do CEIP, que non quixeron perderse a inauguración do mural.
Escola pública
Pablo Lago destacou que “hoxe é un día moi especial, pois 50 anos non se cumpren todos os días” e que, máis que como alcalde, “hoxe estou aquí como ex-alumno deste centre e como pai de dúas fillas que tamén se forman aquí”. Por iso, Lago Sanmartín fixo unha defensa da escola pública como “un dos piares da nosa sociedade. Dentro destas aulas, todos somos iguais, alumnos e alumnas coas mesmas oportunidades para aprender, medrar como persoas e soñar cun futuro mellor. A educación é o mellor instrumento para que os nosos fillos e fillas se convertan nos cidadáns de mañá”.
Por iso, agradeceu o labor da comunidade educativa de Brión durante este medio século: “En primeiro lugar, grazas ao profesorado e dirección do CEIP de Pedrouzos, tanto á actual como a todos os profesionais que teñen pasado por este centro nestes 50 anos. Nas vosas mans está a responsabilidade de formar aos brioneses e brionesas de hoxe e do futuro. En segundo lugar, quero agradecer a implicación das familias, porque a educación é unha tarefa compartida entre todos. Non é algo exclusivo nin do profesorado, nin das familias. É algo no que temos que todos da man. E aí temos que agradecer tamén o labor da Asociación de Nais e Pais, que son esa ponte necesaria entre a aula e o fogar”.
Finalmente, o alcalde puxo tamén en valor o traballo de Xunta e Concello, que traballamos para poder acometer unha rehabilitación integral destas instalacións. Cónstame que durante o pasado verán, técnicos da Consellería visitaron o centro para poder elaborar un proxecto que, agardo, serva para que os nosos nenos e nenas conten cunhas instalacións máis modernas e adaptadas ás súas necesidades. Nós, dende o Concello, xa estamos avanzando tamén na construción desa dársena de autobuses, que mellorará a chegada e saída da rapazada, sobre todo en días de choiva”.
Fernando Yáñez
O alcalde de Brión rematou a súa intervención poñendo en valor o traballo realizado por Fernando Yáñez, “veciño de Brión que nos últimos anos está a embelecer Brión coa súa magnífica obra: o retrato de Rosalía na piscina de Bastavales, os retratos de Santa Minia e de Xosé Vizoso, o mural do instituto e este traballo son unha auténtica inspiración para todas as persoas que os desfrutan. Grazas, Fernando”.
Fernando Yáñez explicou que “este mural son dos rostros, de un chico y una chica, que se fusionan en uno único. Yo creo que ahí está implícita la igualdad como base fundamental que tenemos que seguir trabajando. Dos rostros. Un chico que, sutilmente parte de una obra de arte que yo creo que es un referente, que es el David de Miguel Ángel. Por su simbolismo está implícito el trabajo, el esfuerzo la superación y la creatividad. Valores fundamentales que creo que tiene que tener el sistema educativo. Y luego, la cara de la chica. Hay otra referencia indudable a otra obra emblemática del Renacimiento que es El Nacimiento de Venus de Botticelli donde está implícito el amor y el respeto, pilares que creo que tienen que formar parte de la educación. Hay una referencia contemporánea a un artista, Bansky, que creo que es de sobra conocido. El Globo, que estoy viendo, está implícito en el mural. Creo que es un símbolo del CEIP de Pedrouzos, que creo que todos llevaremos en el corazón”.
Pola súa banda, Santiago Freire destacou que “este mural simboliza, representa moitos aspectos cos que debemos ter a máxima sensibilidade. Demostra altruísmo, demostra solidariedade, demostra compromiso”. Finalmente, a directora María Gómez apuntou que “celebrar 50 anos é moito máis que celebrar esta data. É celebrar xeracións de nenos e nenas que pasaron por estas aulas, os mestres e mestras que ensinaron aquí, as familias e todas as persoas que de algún xeito formaron parte da historia de esta escola”.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)