AD

Destacado

Unha colisión frontal en Negreira deixa catro feridos, un deles grave

today29 abril, 2026

Fondo
share close
AD

Un grave accidente de tráfico rexistrado na tarde deste mércores en Negreira deixou catro persoas feridas, unha delas de carácter grave, que tivo que ser evacuada en helicóptero medicalizado.

O sinistro produciuse arredor das 19:30 horas no quilómetro 0 da estrada DP-5602, onde, segundo alertaron varios particulares, dous vehículos colidiron frontalmente. A consecuencia do impacto, un dos coches acabou caendo ao río, o que incrementou a gravidade da situación.

De inmediato, o 112 Galicia mobilizou un amplo operativo de emerxencias. Ata o lugar desprazáronse efectivos do 061, que activaron o helicóptero medicalizado con base en Santiago, así como os Bombeiros de Santa Comba, o GES de Brión, a Garda Civil de Tráfico e voluntarios de Protección Civil de Negreira.

Á chegada dos equipos de rescate, os ocupantes xa se atopaban fóra dos vehículos. No coche que caeu ao río viaxaban tres persoas, todas elas trasladadas a centros hospitalarios, unha en estado grave por vía aérea. No outro vehículo, que tras o impacto se estrelou contra un muro, resultou ferida unha única persoa, que tamén foi evacuada ao hospital de referencia.

No operativo tamén participou a Policía Autonómica, que se atopaba na zona no momento do accidente e colaborou nas tarefas de coordinación e seguridade.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *