Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O ex alcalde Valentín Alfonsín, actual voceiro da agrupación política Xente de Dodro, instalou durante o seu mandato un parque infantil nuns terreos dos que o Concello non era propietario.
Dodro, 29 de xaneiro do 2024 – O concello de Dodro denuncia que a mala xestión do ex alcalde Valentín Alfonsín, pode privar á veciñanza do uso do parque infantil do Rialiño.
Durante o seu mandato, como alcalde polo Partido Popular, acordou a construción dun parque infantil en terreos que non eran municipais.
Os propietarios dos terreos decidiron incluír estes, no proceso de concentración parcelaria polo que o risco de que se teña que deixar de usar é real. Podería perderse ademais o investimento realizado no seu día pola Deputación da Coruña e que supuxo máis de 35.000 euros.
O alcalde de Dodro, Xabier Castro, explica que iso hoxe sería imposible de levar a cabo “Hoxe non contaría con informes favorables que permitirán realizar este tipo de obras; sen a seguridade absoluta do non investimento de cartos públicos en propiedades particulares”.
Castro amosase tamén moi enfadado pola actitude do antigo alcalde “Non se pode pedir nas redes sociais que se limpe unha finca que él ben sabe non é propiedade do concello, e moito menos cando fuches ti o que xerou todo isto”.
Desde o concello trátase de negociar para a consecución dunha finca a nome do concello de tal xeito que os terreos sexan definitivamente propiedade dos veciños e o parque póidase seguir utilizando.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)