AD

Destacado

Verea disposto a negociar o derrubo da Casa da Xuventude se chega unha proposta do Goberno de Santiago

today2 diciembre, 2023

Fondo
share close
AD
  • Verea subliñou que “está disposto a negociar co Goberno de Santiago, o que non imos a negociar é con medio Goberno, CA e BNG terán que chegar a un acordo, facer unha proposta e, a partir de aí, nós por suposto que negociaremos”.
  • “Lembro que María Rozas prometeu que se ela tiña responsabilidades de goberno nunca permitiría o derrube da Casa da Xuventude, polo tanto, ou dimite, no caso de que o BNG siga a diante co derrubo do inmoble; ou terá que asumir a decisión do BNG”, engadiu.

O líder popular, Borja Verea, asegurou hoxe que o Partido Popular non mudou nunca a súa cabo o derrube da Casa da Xuventude, polo que deberá ser o Grupo de Goberno o que ten que poñerse de acordo e presentar unha proposta definitiva. O popular insistiu tamén que para os populares de Santiago o modelo, verdadeiramente válido é o que “nós temos traballado, xa que suporía transformar este entorno”.

Verea subliñou que “o Partido Popular está disposto a negociar co Goberno de Santiago, o que non imos a negociar é con medio Goberno. CA e BNG terán que chegar a un acordo, facer unha proposta e, a partir de aí, nós por suposto que negociaremos”.

“O que non vale, por parte, neste caso de Compostela Aberta, é ter un cargo e non facerse responsable das decisións dese Goberno”, engadiu o popular.

Borja Verea remarcou que “lembro que María Rozas prometeu que se ela tiña responsabilidades de goberno nunca permitiría o derrube da Casa da Xuventude, polo tanto, ou dimite, no caso de que o BNG negocie co PP o derrubo; ou convence ao BNG de que manteña a Casa”.

O popular recordou que manter ese inmoble “é unha das bandeiras electorais e fundacionais de CA, para eles non é unha partida orzamentaria que negociar, é unha bandeira esencial”, onde María Rozas dixo, explicitamente, diante dos colectivos, “nunca permitirei, se entro no Goberno, o derrubo da Casa da Xuventude”.

Verea lembroulle que, “a parte de legalidade, para ser membro do Goberno tamén está a dignidade persoal”, polo que, incidiu, “espero que se no proxecto de Orzamentos aparece unha partida destinada a un concurso de ideas para o derrubo da Casa da Xuventude ou unha partida destinada a iso, ou ben non apoiará esas contas, ou ben deixará o seu cargo”.

Borja Verea reiterou que, nese caso, se hai unha proposta do Goberno de Santiago, non de medio Goberno, o Partido Popular iniciará negociacións para o derrubo da Casa da Xuventude”.

“A demolición deste inmoble é un dos primeiros compromisos que adquirín desde que iniciei o meu camiño cara á Alcaldía, unha actuación que suporía dinamizar a Praza do Matadoiro, permitindo a conexión do parque co Casco Histórico, a través dunha ambiciosa rehabilitación de toda a contorna”, lembrou.

Finalmente, o popular incidiu en que “a desaparición da Casa da Xuventude é tamén unha oportunidade para pór en valor os restos patrimoniais da praza e para actualizar o concepto de espazos pechados ás necesidades do século XXI, co que a zona converteríase nun novo espazo comunitario, verde e dinámico, un punto de encontro social e exemplo dunha cidade moderna e alegre”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%