Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today2 septiembre, 2024
O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, propón a creación dun programa de atracción de investimentos que logre recuperar o protagonismo internacional de Santiago, aproveitado as sinerxías da lusofonía. Para o popular, ”é claro que o noso obxectivo pasa por volver a colocar á capital de Galicia ao nivel que a cidade merece, para isto, fai falla un brazo político ambicioso que está claro que hoxe non existe”.
Verea incidiu en que é imprescindible que Compostela recupere o seu protagonismo internacional, “abrirse ao mundo, porque está na nosa esencia e non debemos perder máis tempo pechados en nós mesmos”.
Para o popular, “hai que traballar na eliminación de fronteiras e a reunificación de pobos irmáns, por exemplo como Galicia e Portugal, que suporía unha achega de 9 millóns de persoas no eixo Ferrol- Lisboa, o que nos converte nunha macrorrexión superior ao que poder ser Holanda e Bélxica.
“A punta de lanza desta integración imparable están sendo os operadores económicos, xa que as exportacións de Galicia a Portugal incrementáronse en 20 anos de 1.400 millóns a 3.700, supoñendo un 27% da exportación total galega”, subliñou.
Así, insiste, “é inconcibible que deixemos pasar unha oportunidade como isto ou prefiramos que o desenvolvan outras administracións, porque nós si cremos que Santiago ten todo o que se necesita para poder poñer en marcha unha estratexia política ambiciosa para converternos nunha porta de entrada alternativa a Lisboa e construír unha cidade aberta, dinámica e creativa”.
“O BNG parece estar instalado na política de botar balóns fóra e responsabilizar a outras administracións do traballo que eles deben levar a cabo, sen poñer en marcha medidas ambiciosa que convertan á nosa cidade nun punto de referencia a nivel internacional, tanto no eido do turismo como noutras materias”, destacou.
Verea remarcou que “é fundamental facer unha oposición útil, amosando así que seremos un goberno útil, por iso traemos propostas concretas fronte ás habituais declaracións ocas deste goberno”.
Capital Europea da Xuventude
Borja Verea vén de solicitar tamén que Santiago se postule como Capital Europea da Xuventude, categoría que concede, durante un ano, o “European Youth Forum”, intentando lograr ser a primeira cidade de España en logralo. Para elo, o Concello debe fortalecer o desenvolvemento dunha estratexia integral de apoio á xuventude e á participación dos máis novos na toma de decisión de goberno.
“Para isto, hai que reforzar a atención ás demandas e necesidades en áreas cruciais como emprego, educación, cultura, emprendemento, creatividade, servizos sociais, igualdade e participación, o que significaría poñer aos xóvenes no centro da nova era urbana, máis alá de medidas efectistas, como os orzamentos participativos”.
Para acadar esta meta, o Concello ten que traballar nunha mobilidade sostible, a formación e o asociacionismo; e crear políticas que favorezan a emancipación, o emprego, a vivenda e a calidade de vida; ademais de vincular todo isto coa solidariedade e o voluntariado,
O popular reclamou que Santiago debe poñer todo da súa man para converterse na capital Europea da Xuventude, o que suporía un importante apoio para que se leven a cabo medidas a favor dos veciñas e veciñas máis xóvenes do concello e favorece a proxección internacional de Compostela.
Escrito por Líder Redacción
compostela noticias politica pp radio lider santiago santiago
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)