Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today25 abril, 2025
As prazas son limitadas, con inscrición previa aberta do 28 de abril ao 1 de maio no rexistro municipal ou chamando ao teléfono do Concello
As clases comezarán a impartirse o 8 de maio e continuarán todos os xoves en horario de 19:00 a 21:00 horas
Vila de Cruces, 25 de abril de 2025 (Vía Láctea Comunicación).- O Concello de Vila de Cruces programa unha nova actividade para a veciñanza. Está a organizar clases de bailes de salón no local social Escolas Vellas de Piloño, onde os participantes poderán aprender os mellores pasos do vals, cha-cha-chá, tango, bolero, paso drobre, foxtrot, ademais de diferentes bailes latinos.
A actividade, que terá un prezo total de 23 euros, celebrarase todos os xoves, de 19:00 a 21:00 horas, comezando a primeira sesión o vindeiro 8 de maio.
As persoas interesadas en participar nesta actividade, con prazas limitadas, poden inscribirse do 28 de abril ao 1 de maio no rexistro municipal ou chamando ao teléfono do Concello (986 58 20 17).
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)