Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today14 abril, 2025
A carballeira de Conxo volverá estar de festa na fin de semana do 23 ao 25 de maio coa sexta edición do Banquete, cuxos preparativos arrancaron xa coa aprobación na Xunta de Goberno das bases da convocatoria para participar no VI Mercado do libro.
O Mercado do Libro acompaña dende a praza de Aurelio Aguirre a celebración da Festa do Banquete cun amplo número de expositores dos sectores do libro. Deste xeito, librarías, editoriais e outros sectores vinculados ao mundo do libro e da ilustración, interesados en expoñer os seus produtos no mercado poderán presentar a súa solicitude a través do trámite «Autorización da ocupación da vía pública para actividades varias» na sede electrónica do Concello de Santiago ata o 5 de maio.
O prazo de presentacións de solicitudes comezará o día da publicación da convocatoria na sede electrónica do Concello de Santiago de Compostela e o criterio de selección será a orde de entrada en rexistro, con prioridade para as persoas solicitantes con enderezo social no municipio de Santiago de Compostela. Disporanse un máximo de 20 postos en carpas de 5 x 5 metros compartidas por máis dun posto.
Para solicitar información complementaria, os potenciais expositores poden dirixirse ao correo electrónico comercio@santiagodecompostela.gal.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)