AD

Comercio

12 Comercios, 12 Sensibilidades | 1 Águila Atlántica visibiliza en xaneiro á Fundación Pictoaplicaciones

today23 enero, 2024

Background
share close
AD

 

 

Unha ducia de comerciantes de Santiago veñen de xuntarse nun novidoso proxecto que ten como obxectivo darlle visibilidade a outras tantas entidades solidarias. Baixo o nome «12 Comercios, 12 Sensibilidades», a iniciativa permitirá tamén favorecer o fluxo de clientela entre pequenos establecementos de diferentes puntos da cidade e dedicados a distintos sectores.

Cada mes, a iniciativa será protagonizada por un comercio, que difundirá o labor dunha entidade concreta a través de actividades como exposicións, charflas ou obradoiros. Os once comercios restantes informarán da causa, para darlle máis visibilidade e favorecer o fluxo de clientela.

O proxecto comeza este mes de xaneiro coa tenda online de artesanía y antigüidades 1 Águila Atlántica cuxa xerente Pilar Sánchez visitaba este luns os estudios da radio local de Compostela e comarca.

Esta tenda online ofrece un amplo catálogo de pezas artesanais así como antigüidades tan chamativas como un reloxo de cuco ou unha edición antiga do Quixote.

A asociación escollida por Pilar para dar a coñecer o seu traballo é a Fundación Pictoaplicaciones, un proxecto solidario orientado a mellorar a calidade de vida de persoas con Trastorno do Espectro Autista, Asperger, Trastornos Xeneralizados do Desenvolvemento, Trastornos da Linguaxe e en xeral de todas aquelas persoas con diversidade funcional e que requiren unha educación adaptada. Tal e como o explicou Gonzalo García, secretario da Fundación, durante a entrevista a través de conexión telefónica.

Tamén poden beneficiarse dos seus proxectos persoas que, por moi diversos motivos, visen afectadas as súas capacidades de comunicación (alzheimer, ictus…)

O obxectivo de Pictoaplicaciones é potenciar a súa autonomía persoal mediante a creación de distintas aplicacións tecnolóxicas que facilitan a comunicación e a aprendizaxe.

Ti tamén podes contribuir á súa visibilidade participando nun sorteo dunha bolsa solidaria. Debes entrar na publicación do día de 9 de xaneiro no Facebook de 1 ÁguilaAtlántica e sigue as institucións.

O sorteo rematará o 29 de xaneiro e as persoas gañadoras anunciaranse o día 30.

Colabora con esta iniciativa o Concello de Santiago e Radio Líder Santiago, onde cada mes pasarán polos nosos estudios as 12 comerciantes que participan nesta iniciativa, así como as personas responsables das asociacións elexidas.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%