AD

Mes: junio 2026

194 Resultados / Página 21 de 22

Fondo
AD

Comarca

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia

O stand ofrecerá degustacións de Queixería Barral, Queixería Verbas, Galmesán, Casa Donicio e Erika Mel durante as catro xornadas da feira Arzúa, 02 de xuño de 2026.- A Concellería de Turismo de Arzúa participará desde este xoves e ata o domingo na 48ª edición da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, que se celebrará no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda, reafirmando así a súa aposta pola promoción turística e dos produtos locais nun dos grandes escaparates […]

today2 junio, 2026

Actualidad

A Sala Capitol e a Fundación Andrea únense nun concerto solidario co carismático Les Greene

O concerto de Les Greene, este mércores na Sala Capitol, servirá para recadar fondos para a Fundación Andrea nunha cita que combina música, diversión e compromiso social. Fran Villasenín fai balance dos seus dous anos á fronte da histórica sala compostelá, recentemente recoñecida como a mellor de Galicia. A música, a solidariedade e o compromiso coa cidade daranse a man este mércores na Sala Capitol de Santiago de Compostela. O histórico recinto acollerá un concerto solidario protagonizado por Les Greene, […]

today2 junio, 2026

Destacado

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro

O presentador rianxeiro percorrerá oito localidades galegas nun novo formato televisivo que busca descubrir talento musical de todas as idades e estilos, coa mirada posta na próxima edición de Recantos dentro do programa Luar. RECANTOS REINVÉNTASE PARA BUSCAR O TALENTO MUSICAL DE GALICIA DA MAN DE DUARTE GALBÁN O universo de Recantos inicia unha nova etapa. O histórico concurso musical integrado en Luar dará un salto de formato para achegarse ao territorio e descubrir novas voces galegas a través dunha […]

today2 junio, 2026

Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

Onda Chicha, a iniciativa impulsada por Chichalovers e Radio Líder Santiago para apoiar novas bandas e proxectos musicais, celebrará o 13 de xuño unha gran final con actuacións de Fuego Lolita, WhyNot? e Skadelos, gastronomía local e un premio profesional para a banda gañadora A Sala Capitol de Santiago acollerá o próximo 13 de xuño o Chichafest, a gran final da primeira edición do Onda Chicha, un proxecto nacido para impulsar e dar visibilidade ao talento musical emerxente galego. O […]

today2 junio, 2026

Actualidad

Santiago culmina a construción da plataforma loxística para o abastecemento do centro histórico

Xunta de Goberno aprobou, na sesión ordinaria deste luns, a aceptación da entrega por parte do Consorcio de Santiago da obra para o centro loxístico de provisión e distribución de mercancías no centro histórico, coñecido como plataforma loxística. A voceira lembrou que este proxecto conta cunha subvención dentro do programa de axudas a concellos para a implantación de zonas de baixas emisións e a transformación dixital e sostible do transporte urbano do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, no […]

today1 junio, 2026

Actualidad

O PSdeG denuncia que Raxoi «bloquea» a modernización do deporte base en Santiago

Gumersindo Guinarte critica a falta de resposta do Goberno local a unha iniciativa que permitiría gravar e retransmitir partidos nas instalacións deportivas municipais sen custo para os clubs. Os socialistas advirten de que a inacción municipal pode facer que Santiago perda unha oportunidade para mellorar a visibilidade das entidades deportivas e reforzar a súa sustentabilidade. Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2026. O voceiro do Grupo Municipal Socialista, Gumersindo Guinarte, denunciou a falta de resposta do Goberno de Goretti […]

today1 junio, 2026

Destacado

A veciñanza de Santiago mobilízase contra a inseguridade: “Drogas non, vida si”

Máis dun cento de veciños concentráronse este luns na Praza Roxa de Santiago para denunciar o aumento da inseguridade, as pelexas, os roubos, os narcopisos e o tráfico de drogas no Ensanche, Santa Marta e outras zonas da cidade. Durante a protesta, a plataforma Santa Marta Segura expresou a súa “decepción” tras máis dun ano de traballo, reunións coas administracións, case 6.000 sinaturas recollidas e un centro sociocultural cheo de veciños reclamando solucións. Segundo denunciaron, malia as promesas recibidas, “non […]

today1 junio, 2026

Actualidad

Borja Verea apoia as reclamacións veciñais sobre seguridade: “O que hai que facer é actuar”

• O líder popular afirma que “a seguridade, igual que a limpeza, non é unha cuestión de ideoloxía, senón de convivencia, prevención, coordinación e xestión”. • “Se os que están gobernando consideran que non hai un problema, como o van solucionar?”, preguntou Verea. O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, participou esta noite xunto ao concelleiro José Ramón de la Fuente na mobilización convocada na Praza Roxa por veciños e colectivos do Ensanche para reclamar solucións ante o […]

today1 junio, 2026

Actualidad

O párroco de Padrón pasa a formar parte do Cabildo Catedralicio de Santiago

O arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández, nomeou este luns a Roberto Martínez Díaz, párroco de Padrón e da Colexiata de Iria Flavia, como novo canónigo da Santa Apostólica Metropolitana Igrexa Catedral de Santiago de Compostela. O nomeamento supón un importante recoñecemento á traxectoria pastoral, á dedicación e ao compromiso de don Roberto ao servizo da Igrexa e das comunidades parroquiais que ten encomendadas. A súa incorporación ao Cabido Catedralicio convérteo nun dos responsables da vida litúrxica, pastoral […]

today1 junio, 2026

AD