Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, o secretario xeral para o Deporte, Roberto García, e o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernández, visitaron as instalacións nestas horas previas e presentaron a pelota oficial do 3×3. O evento terá lugar o 12, 13 e 14 de xuño e consolida Santiago de Compostela como a capital do deporte. Trátase da cuarta edición do campionato, que se iniciou en 2023 en Cala Millor, en Mallorca, e continuou a celebrarse en Punta Umbría (Huelva) en 2024 e Cuenca no 2025.
Competirase en oito grupos de xogo, con fase previa, cuartos de final, semis, terceiro e cuarto posto e final. Cada equipo está formado por catro xogadores e un adestrador ou adestradora.
Galicia estará representada por seis equipos no campionato, un deles de Santiago. En categoría feminina participarán o Club Baloncesto Culleredo (Culleredo), o Ensino Lugo (Lugo) e o Baxi Ferrol (Ferrol); mentres que en categoría masculina, o Ensino Lugo (Lugo), o Obradoiro CAB (Santiago) e o Seis do Nadal (Vigo).
As finais masculina e feminina xogaranse a partir das 13.40 horas do domingo e a entrega de premios, a partir das 14.30 horas, porá o ramo a unhas xornadas cheas do mellor baloncesto 3×3.
«Elas Seguen na Cancha», torneo paralelo de inscrición libre
Ademais da competición oficial, o recinto acollerá os días 12 e 13 de xuño o torneo «Elas Seguen na Cancha», que se disputará nunha pista exterior anexa ás catro canchas do Campionato de España. O torneo, de inscrición libre, está aberto a xogadoras de categoría infantil, cadete, xuvenil e veteranas, e enmárcase na campaña homónima de FEGABA para frear o abandono do baloncesto feminino nas idades máis temperás, especialmente a partir da categoría cadete. Inscrición neste torneo vía www.fegaba.com
Escrito por Líder Redacción
baloncesto Campionato de España Campionato de España de Baloncesto 3×3 de clubs U17



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)