Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today31 enero, 2024
O Concello premiará as mellores carrozas, comparsas, grupos, parellas e disfraces individuais, así como a mellor comparsa procedente das parroquias e barrios de Compostela que participen no desfile de Entroido do vindeiro 13 de febreiro. O prazo de inscrición ao concurso estará aberto do 1 ao 5 de febreiro.
Desde este xoves 1 de febreiro, todas as persoas interesadas deberán presentar a súa inscrición ata o 5 de febreiro a través da sede electrónica do Concello de Santiago ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015.
Para as carrozas haberá tres premios de 2.500, 1.500 e 1.000 euros. No caso das comparsas, que estarán compostas por un mínimo de 15 persoas, entregaranse premios de 2.000, 1.500 e 1.000 euros. Na categoría de grupos, formados por entre 3 e 14 persoas, hai tamén tres premios, de 700, 400 e 200 euros.
Ademais, entregarase un premio de 300 euros á mellor parella; e tres premios aos mellores disfraces individuais, de 300, 200 e 100 euros. Por último, recoñeceranse as mellores comparsas procedentes das parroquias e barrios de Santiago, con tres premios de 1.200, 600 e 400 euros.
O desfile terá lugar o martes 13 de febreiro con saída ás 17.30 h da avenida de Ferrol e percorrerá as rúas Frei Rosendo Salvado, Praza Roxa, República do Salvador, Hórreo e Senra para rematar na avenida de Xoan Carlos I. A entrega de premios terá lugar na Sala Capitol, na rúa Concepción Arenal.
Escrito por Líder Redacción
Radio Líder Santiago te ofrece una cuidada selección musical donde suenan los grandes clásicos que forman parte de nuestra vida, junto a una selección con las novedades más interesantes.
closeCopyright © 2023 Radio Líder Santiago de Compostela - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)