Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today7 mayo, 2024
O alcalde, Anxo Arca, falando con dúas asistentes ao xantar de confraternidade
Padrón. 7-5-2024.- Padrón volveu honrar este 6 de maio ao seu patrón, San Xoán do Raio, coa tradicional procesión, música e o xantar de confraternidade de maiores. Os actos oficiais comezaban pouco antes do mediodía co traslado do santo dende a casa consistorial ata a igrexa parroquial, onde se celebrou a misa solemne cantada pola Coral Val do Sar.
O alcalde, Anxo Arca, presidiu a procesión, na que tamén participaron membros do goberno padronés, o alcalde de Dodro, Xabier Castro; os tenentes de alcalde de Rois Mercedes Basante e Manuel Cobas; e veciños e veciñas. A música da Asociación Cultural Rosalía de Castro acompañou a comitiva ata a igrexa parroquial e, ao rematar a misa solemne, de novo ata a casa consistorial.
A Tuna de Veteranos da Coruña ofreceu no auditorio municipal un animado concerto, moi aplaudido polo público asistente. Na entrada, as persoas asistentes puideron contemplar unha mostra dos traballos de bordado e ganchillo da Asociación de Mulleres Carballeira, de Extramundi.
Como xa é tradicional, a festividade de San Xoán do Raio, patrón de Padrón, coincide co xantar de confraternidade de maiores, que xuntou a preto de 400 persoas no Hotel Scala. Na sobremesa non faltou o sorteo de agasallos entre os asistentes e o baile, que estivo amenizado polo trío Sabrosito e, para alegría de moitos, tamén pola Tuna de Veteranos da Coruña.
A última hora da tarde, o baile trasladouse ao campo do Souto, onde moitas persoas acudiron a participar na verbena amenizada pola orquestra Os Satélites.
Escrito por Líder Redacción
El programa matinal de uno de los grandes periodistas de nuestro país. Con todas las noticas de Galicia, España y el mundo; sin cortapisas y con la mayor pluralidad. Entrevistas, declaraciones y las opiniones de los mejores prescriptores.
closeCopyright © 2023 Radio Líder Santiago de Compostela - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)