AD

Destacado

Borja Verea: “En xuño de 2027 non haberá radares en Conxo”

today22 agosto, 2026

Fondo
share close
AD

• O líder do PP lembra que xa propuxo a súa retirada no Pleno e que o resto de grupos votaron en contra: “En maio, os santiagueses poderán elixir entre máis radares e máis multas ou un goberno que axude e castigue menos”.

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reafirmou este venres o seu compromiso de que “en xuño de 2027 non haberá radares en Conxo”, posto que retirará estes elementos cando sexa alcalde, despois de coñecerse que as multas destes dispositivos incrementáronse un 100%, pasando de 10.000 a 20.000.

“Levamos meses advertindo do cambio de modelo deste goberno municipal, cada vez máis baseado na sanción e na recadación. Os datos que imos coñecendo confirman que non estabamos equivocados”, sinalou Verea.

O líder popular lembrou que xa levou ao Pleno municipal a retirada inmediata dos radares de Conxo, unha proposta que foi rexeitada polo resto das formacións políticas, pero deixou claro que o seu compromiso segue intacto. “Dixémolo antes, defendémolo no Pleno e mantémolo agora: cando sexamos goberno retiraremos os radares de Conxo”, afirmou.

Verea incidiu en que este incremento das sancións non pode analizarse de maneira illada, xa que se produce nun momento no que o goberno de BNG e Compostela Aberta aposta por instalar novos radares e prevé incrementar, notablemente, os ingresos municipais procedentes das multas.

“Defendemos a seguridade viaria, protexer aos peóns e reducir a velocidade onde sexa necesario, pero existen medidas preventivas e disuasorias máis eficaces que limitarse a poñer radares e sancionar”, explicou.

Neste sentido, Verea insistiu en que “un bo goberno debería aspirar a que cada vez houbese menos multas, non a ingresar cada vez máis a través delas”.

“En maio, os santiagueses poderán elixir entre máis radares e máis multas ou un goberno que axude e castigue menos. Nós temos clara a nosa decisión: retiraremos os radares de Conxo”, concluíu.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *