AD

Destacado

Traxedia en Brión: falece unha nena de dous anos esquecida no coche

today21 mayo, 2026

Fondo
share close
AD

Unha nena de dous anos faleceu en Brión tras permanecer durante varias horas pechada no coche do seu pai. O home saíra pola mañá cos seus dous fillos: deixou ao maior no colexio e tiña que levar a pequena á gardería, pero un despistase fixo que fora directo ao traballo, esquecendo a nena no vehículo.

O pai estivo traballando durante toda a mañá e parte da tarde sen decatarse do ocorrido. Foi a nai quen ao recoller á pequena na gardería descubriu que nunca chegara. Nese momento os pais déronse conta da traxedia e avisaron aos servizos de emerxencia.

A menor foi trasladada ao PAC de Bertamiráns (Ames), onde entrou en parada cardiorrespiratoria e acabou falecendo.

A Garda Civil investiga agora o sucedido.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *