AD

Comarca

Comunicado: O Concello de Brión declara dous días de loito oficial

today21 mayo, 2026

Fondo
share close
AD

O Concello de Brión decreta dous días de loito oficial polo tráxico falecemento dunha menor de idade no día de onte no noso municipio. Durante ese período (21 e 22 de maio) as bandeiras exteriores do Concello de Brión ondearán a media hasta nos edificios municipais como símbolo de loito por este suceso.

Así mesmo, o Concello de Brión convoca a todos os veciños e veciñas a gardar un minuto de silencio en sinal de dó mañá venres 22 de maio, ás 12:00 horas, na praza do Concello.

Finalmente, o Concello de Brión desexa trasladar o seu máis sentido pésame e todo o seu apoio á familia da pequena que onte perdeu a vida en Brión, así como a todas as súas amizades, ao tempo que pon á súa disposición todos os recursos municipais que precisen nestes duros momentos.

Descanse en paz.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *