AD

Deportes

Santiago acollerá o Campionato de España de Baloncesto 3×3 de clubs U17

today8 junio, 2026

Fondo
share close
AD

A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, o secretario xeral para o Deporte, Roberto García, e o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernández, visitaron as instalacións nestas horas previas e presentaron a pelota oficial do 3×3. O evento terá lugar o 12, 13 e 14 de xuño e consolida Santiago de Compostela como a capital do deporte. Trátase da cuarta edición do campionato, que se iniciou en 2023 en Cala Millor, en Mallorca, e continuou a celebrarse en Punta Umbría (Huelva) en 2024 e Cuenca no 2025.

Competirase en oito grupos de xogo, con fase previa, cuartos de final, semis, terceiro e cuarto posto e final. Cada equipo está formado por catro xogadores e un adestrador ou adestradora.

Galicia estará representada por seis equipos no campionato, un deles de Santiago. En categoría feminina participarán o Club Baloncesto Culleredo (Culleredo), o Ensino Lugo (Lugo) e o Baxi Ferrol (Ferrol); mentres que en categoría masculina, o Ensino Lugo (Lugo), o Obradoiro CAB (Santiago) e o Seis do Nadal (Vigo).

As finais masculina e feminina xogaranse a partir das 13.40 horas do domingo e a entrega de premios, a partir das 14.30 horas, porá o ramo a unhas xornadas cheas do mellor baloncesto 3×3.

«Elas Seguen na Cancha», torneo paralelo de inscrición libre

Ademais da competición oficial, o recinto acollerá os días 12 e 13 de xuño o torneo «Elas Seguen na Cancha», que se disputará nunha pista exterior anexa ás catro canchas do Campionato de España. O torneo, de inscrición libre, está aberto a xogadoras de categoría infantil, cadete, xuvenil e veteranas, e enmárcase na campaña homónima de FEGABA para frear o abandono do baloncesto feminino nas idades máis temperás, especialmente a partir da categoría cadete. Inscrición neste torneo vía www.fegaba.com

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *