AD

Deportes

O Milladoiro acollerá a primeira edición do torneo de baloncesto 3×3 Festas da Madalena

today22 julio, 2026

Fondo
share close
AD

Trátase dunha xornada de competición, ambiente deportivo, música e diversión arredor dunha das modalidades máis dinámicas e entretidas deste deporte

Poderán participar os xogadores e xogadoras de categoría Preminis, Minis, U13 (nados/as en 2014-15), U15 (nados en 2012-13), U17 (nados/as en 2010-11) e Senior. Todas as categorías participantes contarán con competición masculina e feminina

Ames, 21 de xullo de 2026 – O pavillón polideportivo do Milladoiro será o punto de encontro do baloncesto amesán coa celebración da primeira edición do torneo 3×3 Festas da Madalena o vindeiro sábado, 1 de agosto. Trátase dunha xornada de competición, ambiente deportivo, música e diversión arredor dunha das modalidades máis dinámicas e entretidas deste deporte.

O sábado, 1 de agosto, dentro da programación das Festas da Madalena 2026, o pavillón polideportivo do Milladoiro será a sede deste dinámico torneo arredor dun dos deportes máis populares do mundo a nivel urbano. De 10.00 a 21.00 horas iranse disputando todos os partidos da que será unha festa do baloncesto.

Deste xeito, as Festas da Madalena incorporarán unha nova actividade deportiva na que poderán participar os xogadores e xogadoras de categoría Preminis, Minis, U13 (nados/as en 2014-15), U15 (nados en 2012-13), U17 (nados/as en 2010-11) e Senior. Todas as categorías participantes contarán con competición masculina e feminina.

Para participar, é preciso inscribirse mediante a seguinte ligazón. A inscrición quedará formalizada unha vez realizado o pago da cota de rexistro, que ten un custo de 10€. No caso dos menores de idade, estes deberán presentar unha autorización asinada polo seu pai, nai ou titor legal para poder participar na competición.

Baloncesto 3×3

O baloncesto 3×3 é unha modalidade deste deporte que se xoga cunhas regras algo diferentes. En primeiro lugar, cada equipo está composto por unicamente tres xogadores, a diferenza dos cinco que forman os equipos tradicionais. Ademais, o campo é máis reducido, ao xogarse unicamente nunha única canastra. Gaña o equipo que antes chegue aos 21 puntos ou o que maior puntuación teña ao cabo de 10 minutos que dura o partido.

Este xogo, que é o deporte de equipo urbano máis popular do mundo, está regulado pola FIBA e xa se desenvolveu en competicións oficiais internacionais, como os Xogos Olímpicos ou o Mundial FIBA de Baloncesto 3×3.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *