AD

Actualidad

Foliada solidaria este sábado en San Xurxo de Vea (A Estrada) a favor de ASANOG

today16 junio, 2026

Fondo
share close
AD

A Asociación Cultural San Xurxo de Vea organiza este sábado 20 de xuño unha foliada solidaria a favor de ASANOG (Asociación de Cancro Infantil e Xuvenil de Galicia), unha entidade formada por familias que apoia a nenos, adolescentes e os seus familiares durante o proceso oncolóxico. Todo o recadado irá integramente a dita asociación para axudar na loita contra o cancro infantil e xuvenil.

A carballeira xunto a antiga escola da parroquia estradense, ao lado do campo da festa, será lugar de encontro de grupos e asociacións folclóricas, que lle amenizarán a xornada a todas aquelas persoas que queiran achegarse ata alí. O evento dará comezo ás 12:00. Será conducido polo xornalista da Radio Galega, Iago Castro, que logo dará paso á pregoeira do evento, a actriz estradense Chelo do Rejo. Despois actuarán o grupo de acordeonistas ‘Os Lóstregos’ e a charanga ‘Los Intocables’.

A partir das 14:00 haberá xantar solidario, coa venda de racións para recadar fondos. E xa pola tarde, a partires das 16:00, dará comezo a xuntanza de asociacións. Un total de oito agrupacións actuarán baixo a sombra dos carballos ata ben entrado o serán: o Centro Cultural A Ponte Vella (Reis, Teo), a Asociación Cultural Tamparrantán (Santo André de Vea, A Estrada), a Compañía Galega de Bailables, a Asociación A Xesteira (Couso, A Estrada), a Agrupación Folclórica Tequexetéldere (A Estrada), a Asociación Cultural Os Pereiriños (Curantes, A Estrada) e a Escola de Música Tradicional de Barbude (Barbude, A Estrada).

Haberá cantina durante todo o día. E tamén actividades para a cativada, con animación a cargo de David Orihuela, ademais de inchables que farán as delicias dos mais pequenos e pequenas da casa.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *