Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today30 junio, 2026
O 112 Galicia tivo constancia deste suceso arredor das 16.30 horas, despois de que un particular alertase de que un menor tiña dificultades para regresar á costa mentres practicaba paddle surf na praia de Barraña, en Boiro. Segundo indicou, o rapaz non era quen de volver á beira e a corrente afastábao cada vez máis.
Nese momento, dúas persoas introducíronse no mar coa intención de socorrelo, pero non conseguiron chegar ata el.
Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a intervención no operativo de Salvamento Marítimo, o Servizo de Gardacostas de Galicia, a Garda Civil, a Policía Local e os membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Boiro. Ademais, mantívose contacto permanente cos socorristas da praia.
Ata o lugar desprazáronse o helicóptero de rescate Pesca I e a embarcación auxiliar Ría de Vigo, ambos de Gardacostas de Galicia.
Finalmente, foi a embarcación Ría de Vigo a que conseguiu rescatar o menor. Outra embarcación recolleu a unha das persoas que se lanzaran ao mar para axudalo, mentres que a outra logrou regresar á costa polos seus propios medios. Todos se atopaban en bo estado.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)