AD

Actualidad

A Rapa das Bestas reunirá 150 xornalistas de nove países con novo horarios dos curros

today1 julio, 2026

Fondo
share close
AD
  • Ademais dos chegados de diferentes puntos da xeografía española, asistirán fotógrafos e xornalistas de Estados Unidos, Arxentina, Uruguay, Portugal, Francia, Alemaña, Romanía e Reino Unido.
  • A organización decide variar xa o horario dos curros ante a vaga de calor prevista.

Sabucedo, 1 de xullo de 2026.- A Rapa das Bestas de Sabucedo, Festa declarada de Interese Turístico Internacional en 2007 e Ben de Interese Cultural (BIC) Inmaterial en 2025, reunirá esta vindeira fin de semana nesta pequena parroquia estradense a arredor de 150 profesionais da comunicación procedentes de nove países para cubrir informativamente esta tradición centenaria.

Ademais dos xornalistas e fotógrafos procedentes de múltiples puntos da xeografía española, nesta edición tamén confirmaron a súa presenza en Sabucedo profesionais da comunicación chegados doutros oito países: Estados Unidos, Arxentina, Uruguay, Alemaña, Reino Unido, Romanía, Francia e Portugal.

Á marxe da celebración da Gran Gala na Honra dos Aloitadores programada para mañá ás 20.00 horas, a tradición da Rapa das Bestas arrincará na madrugada do venres coa celebración ás 06.30 horas dunha misa na honra a San Lourenzo, patrón de Sabucedo, antes de saír cara ao monte na busca das bestas.

Cómpre lembrar que as entradas para acceder ao curro nas rapas do sábado pola tarde e do domingo poña mañá, xa están esgotadas desde hai días, pero aínda quedan algunhas entradas dispoñibles na páxina web rapadasbestas.gal para a rapa do luns a mediodía (12.00 horas).

Por outra banda, ante a previsión dunha nova vaga de calor extrema, a organización vén de adoptar a decisión de atrasar o comezo da rapa do sábado das 19.00 ás 20.00 horas e de adiantar a do domingo e luns das 12.00 ás 11.00 horas.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *