Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Melide, 6 de xullo de 2026. A Asociación de Empresarias e Empresarios da Terra de Melide (Asetem), en colaboración co Concello da vila, celebrará os días 7, 8 e 9 de agosto unha nova edición do ‘Mercamelide na Rúa’, unha iniciativa pensada para dinamizar o comercio local con descontos e oportunidades nunha ampla variedade de artigos.
As tendas interesadas en participar poderán inscribirse ata o 17 de xullo enviando un correo electrónico a info@asetem.com, chamando ao teléfono 981 50 61 88/ 698 13 23 24 ou acudindo directamente ás oficinas de Asetem, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
Durante os tres días de campaña, os establecementos participantes ofrecerán rebaixas especiais nos seus produtos, mantendo o seu horario habitual de apertura e identificándose mediante carteis para facilitar a localización dos mesmos por parte da clientela do municipio e dos visitantes.
Escrito por Líder Redacción




2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)