AD

Actualidad

Pedro Blanco aposta pola innovación e o talento como motores da transformación de Santiago

today14 julio, 2026

Fondo
share close
AD

O candidato socialista á Alcaldía defende unha maior colaboración entre o Concello, os centros de investigación e as empresas tecnolóxicas para impulsar un novo modelo de cidade máis innovador, competitivo e preparado para os retos do século XXI.

Pedro Blanco asegura que Santiago debe exercer un papel activo para atraer e reter talento e aposta por facer do coñecemento e da innovación un dos piares da transformación da capital galega.

O candidato avanza que as prioridades do futuro goberno socialista serán “ordenar a casa”, reforzar os servizos públicos e afrontar o problema da vivenda para devolver a Santiago o protagonismo que lle corresponde como capital de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2026. O candidato socialista á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, reivindicou hoxe un modelo de cidade baseado na innovación, na colaboración e no talento durante a visita ao Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago (CITIUS), onde defendeu un Concello máis aberto ao coñecemento.

«O Concello ten que abrir as portas a estes centros de investigación, a estes centros de innovación e, sobre todo, ás empresas tecnolóxicas», defendeu Pedro Blanco, convencido de que esa colaboración permitirá avanzar cara «un Santiago moito máis moderno, un Santiago moito máis innovador».

«Temos non só que atraer talento, que hai que facelo, senón tamén reter o gran talento que temos en Galicia», asegurou o candidato socialista, convencido de que a innovación «vai permitirnos facer unha vida moito máis fácil aos veciños e as veciñas». Nese sentido, defendeu un Concello que sexa «non só o tractor deste tipo de iniciativas» senón tamén «unha panca» para impulsar novos proxectos.

«Hai moitos Santiagos en Santiago», asegurou Pedro Blanco. «Nós apostamos polo Santiago innovador, polo Santiago con talento e polo Santiago que está innovando», poñendo ao CITIUS como exemplo dese modelo de cidade.

O candidato aproveitou para defender unha maior colaboración entre o Concello, a universidade e as empresas para aproveitar mellor o potencial da cidade. «Temos que facer alianzas, tecer alianzas», afirmou, antes de insistir en que «hai que introducir o aire fresco en Santiago e necesitamos ilusionalo».

Preguntado polas prioridades do futuro goberno socialista, Pedro Blanco asegurou que a primeira medida será «ordenar a casa», comezando por «falar cos traballadores e as traballadoras públicas». «É imposible, non pode avanzar Santiago se non somos capaces de pagar as facturas, se temos licencias que non se dan resolto», advertiu. O candidato situou tamén entre as prioridades «os servicios públicos» e recoñeceu que «temos tamén un problema de vivenda que temos que afrontar» da man de todas as administracións.

Pedro Blanco concluíu defendendo un proxecto que permita «devolver a Santiago o carácter que ten de capital». «Temos que saír deste bucle», afirmou, convencido de que é o momento de «pasar páxina» e «empezar a escribir un capítulo completamente diferente» para que Santiago «empece a ser o que lle corresponde».

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *