AD

Comarca

Arzúa mellora o Roteiro da Fervenza das Hortas cunha actuación integral de roza e limpeza

today14 julio, 2026

Fondo
share close
AD
  • A actuación, impulsada pola Concellería de Turismo, abrangueu o percorrido entre a Fonte Santa e a Fervenza das Hortas e terá continuidade co acondicionamento do mobiliario urbano

Arzúa, 13 de xullo de 2026.- O Concello de Arzúa, a través da Concellería de Turismo, vén de finalizar os traballos de roza, limpeza e acondicionamento do Roteiro da Fervenza das Hortas, unha actuación dirixida a mellorar o estado de conservación, a seguridade e o desfrute dun dos enclaves naturais máis destacados do municipio.

Os traballos desenvolvéronse ao longo do percorrido entre a Fonte Santa e a Fervenza das Hortas e incluíron labores de roza e limpeza da vexetación, poda, retirada de restos acumulados na traza do roteiro e actuacións de mellora na baixada á fervenza, coa reposición de varandas e a drenaxe e canalización das augas para evitar o deterioro das escaleiras de acceso.

A Fervenza das Hortas é un dos enclaves naturais máis emblemáticos de Arzúa, un espazo que destaca pola súa riqueza paisaxística e ambiental e que constitúe un importante atractivo tanto para a veciñanza como para as persoas que visitan o municipio. O seu coidado e mantemento contribúen a preservar este patrimonio natural e a ofrecer un percorrido seguro e agradable ao longo de todo o ano.

Esta actuación terá continuidade nos vindeiros meses co acondicionamento do mobiliario urbano existente ao longo do roteiro, co obxectivo de seguir mellorando este espazo e a experiencia de todas as persoas que o percorren.

A concelleira de Turismo, Begoña Balado, explicou que «actuacións como esta son fundamentais para conservar o noso patrimonio natural e garantir que tanto a veciñanza como as persoas que visitan Arzúa poidan desfrutar destes espazos nas mellores condicións durante todo o ano.»

Balado engadiu que «esta actuación terá continuidade co acondicionamento do mobiliario urbano, unha mellora que contribuirá a facer o roteiro máis cómodo, accesible e agradable para todas as persoas que o percorren.»

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *