Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today15 julio, 2026
O Concello de Boiro está a executar as obras para a reordenación e urbanización do parque de Cimadevila. O alcalde, José Ramón Romero, visitou o lugar para coñecer como se están a desenvolver as actuacións.
Con esta actuación o que se pretende é a renovación dun espazo de lecer situado no lugar de Cimadevila, así como aumentar os espazos de aparcamento nunha zona moi transitada. “Seguimos traballando no acondicionamento de espazos públicos e na dotación de servizos á veciñanza como neste caso cun parque infantil e dotación de zona de aparcamento nun lugar con moita demanda”, recoñeceu o alcalde.
As actuacións que se pretenden levar a cabo conlevan o desmonte e recheo de terreos coa execución de muros; transplantado de árbores; pavimentación da zona de aparcamento; pavimentación do parque infantil; reordenación dos contedores; e instalación de mobiliario, sinalización e outros equipamentos.
Esta actuación, que ascende aos 178.365,18 euros está financiada mediante o POS+ Concellos da Deputación da Coruña.
Escrito por Líder Redacción




2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)