Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Vila de Cruces, 15 de xullo de 2026 (Vía Láctea Comunicación).- O Concello de Vila de Cruces celebrou hoxe a súa tradicional xuntanza das persoas maiores nas Ínsuas de San Román, na parroquia de Gres. Máis de medio millar de persoas reuníronse neste trixésimo terceiro encontro popular para compartir unha xornada de festa á que asistiron o alcalde, Luís Taboada, e outros membros da corporación municipal.
Nunha das citas máis especiais e emotivas do calendario municipal, o alcalde de Cruces, Luís Taboada destacou o orgullo que sinte de poder estar na festa con toda a veciñanza de máis idade, “compartindo lembranzas, alegrías e bos momentos con quen foron e seguen sendo exemplo de entrega, esforzo e sabedoría”. O alcalde engadiu que foi “unha xuntanza de confraternidade e un sentido momento para fomentar o estímulo comunitario”, particularmente importante nas aldeas e parroquias.
A xuntanza comezou coa actuación musical de Carlos Manteiga. De seguido, foi hora de sentarse para gozar dun xantar tradicional galego, con empanada, polbo, carne ao caldeiro, sobremesa, bebida e café, cunha taza conmemorativa da festa de agasallo para todos os participantes, baixo a sombra dunha carpa.
Tralo xantar, deuse paso a unha homenaxe aos homes e mulleres de máis idade. As persoas homenaxeadas foron: Julio Pedreira Sanmiguel, de 96 anos e natural de Larazo; José Pampín Fondevila, de 95 anos e natural de Touriz; Divina Sánchez López, de 93 anos e natural de Cumeiro; e Victoria Consuelo Alonso Fernández, de 92 anos, natural da parroquia de Larazo. O alcalde, que lles fixo entrega do recoñecemento –un reloxo de pulseira e un ramo de flores para Julio e Divina; e bombóns e flores para José e Victoria Consuelo–, sinalou que “as persoas que deixaron pegada no noso camiño foron as maiores, que loitaron para que nós chegáramos ata onde estamos hoxe”. Tamén se festexou o aniversario de Manuel Duarte, natural de Brandomés, que cumpriu hoxe 80 años soprando as veas na xuntanza e recibindo un agasallo de mans do alcalde.
A xornada continuou cun sorteo de agasallos. Seis das persoas maiores que asistiron á xuntanza leváronse para a casa unha cesta de produtos artesanais, algúns deles produtos cárnicos da granxa CMF Celtaporc, da súa carnicería, e do obradoiro Orixes Galegas, situado en Camanzo. Finalmente, púxose o broche de ouro á xuntanza cunha sesión de baile moi animada.
Escrito por Líder Redacción




2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)