AD

Comarca

O BNG presenta a Escarlata Pampín como candidata á alcaldía de Ames

today15 julio, 2026

Fondo
share close
AD
  • “Hoxe estou aquí para asumir un compromiso moi sinxelo de expresar, pero moi esixente de cumprir: estar á altura de Ames”, recalcou Escarlata.
  •  A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reivindicou a Escarlata Pampín como a candidata a alcaldesa que pode facer que Ames “dea un paso adiante”.
  • Escarlata Pampín foi escollida por unanimidade da asemblea local como candidata para as vindeiras eleccións de maio de 2027 
  •  “Xa demostramos que sabemos gobernar. Agora precisamos da forza da veciñanza para liderar un novo tempo para Ames”.

Ames, 15 de xullo de 2026. Nun acto celebrado no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, a concelleira comprometeuse a impulsar o futuro de Ames “se hoxe dou este paso é porque quero dedicar toda a miña capacidade, toda a miña experiencia e toda a miña ilusión a estar á altura de Ames. Ese é o compromiso que asumo diante de vós. Porque cando un concello como Ames mira cara ao futuro, merece persoas dispostas a estar á súa altura”.

Na presentación da candidata,  Pontón asegurou que Escarlata Pampín  “ten a forza, o proxecto e o liderado que se necesita” e insistiu en que a candidata nacionalista para as próximas eleccións municipais “vai a por todas” cun proxecto que poña aos veciños no centro das políticas.

Neste sentido, a candidata á Alcaldía de Ames, Escarlata Pampín, avanzou que quere ser a alcaldesa que lidere “unha nova etapa en Ames construída dende a experiencia, un proxecto ilusionante e ambicioso fronte ás políticas de socialistas ou de populares. “Porque xa demostramos que sabemos gobernar. Agora precisamos da forza  da veciñanza para liderar. Liderar un novo tempo para Ames. Un tempo no que o concello siga medrando, pero medre ben de xeito planificado poñendo ás persoas no centro . Un tempo no que o progreso se mida pola calidade de vida da veciñanza. Un tempo no que cada decisión se tome pensando no ben común. Como ben sabemos facer no BNG”,

“Quero e queremos estar á altura de Ames. Non é un slogan escollido ao azar. É un compromiso. Porque Ames xa non é un concello pequeno que simplemente medra. Ames converteuse nun dos grandes motores de Galicia. Un concello novo, dinámico, cheo de talento e de oportunidades. Un concello que atrae familias, empresas e proxectos. Un concello que non deixa de transformarse” explicou.  “Nacín e medrei en Ames, onde aprendín que o coñecemento nace de abrir o corazón a quen vén e a quen xa está”, engadiu.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *