AD

Comarca

O Centro de Saúde de Vedra renovarase sen interromper a atención sanitaria

today17 julio, 2026

Fondo
share close
AD

O Concello de Vedra acometerá a reforma integral do Centro de Saúde cun investimento total de 672.745,37 euros, unha actuación que permitirá modernizar as instalacións sen que a veciñanza quede sen servizo sanitario en ningún momento durante a execución das obras.

O proxecto conta cun orzamento de 601.304,28 euros para a execución da reforma, ao que se engaden 71.441,09 euros destinados á instalación de casetas provisionais que albergarán as consultas médicas mentres duren os traballos, garantindo así a continuidade da asistencia sanitaria.

A actuación está cofinanciada pola Xunta de Galicia e o Concello de Vedra, dentro da colaboración entre ambas administracións para mellorar as infraestruturas sanitarias do municipio.

O procedemento de licitación permanece aberto e as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 5 de agosto. Toda a información relativa ao proceso está dispoñible na Plataforma de Contratación do Sector Público, correspondente ao expediente 2026/C003/000003.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *