Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O goberno local propón para o seu debate a aprobación no Pleno do vindeiro xoves o irmandamento co municipio de Elciego. Unha proposta que nace do interese de ambos os dous concellos de formalizar as canles de cooperación entre administracións e veciñanza.
Os irmandamentos entre municipios constitúen unha ferramenta de cooperación institucional destinada a fortalecer os vínculos entre comunidades, promover o intercambio de experiencias e favorecer o desenvolvemento de iniciativas de interese común.
Elciego é un municipio da rioxa alavesa recoñecido pola súa tradición vitivinícola, polo seu patrimonio histórico e arquitectónico e pola súa aposta pola calidade e o desenvolvemento sostible. A diversidade deste municipio xunto coa de Boiro, constitúen unha oportunidade para o enriquecemento mutuo mediante o intercambio de coñecementos e boas prácticas en ámbitos como a promoción turística e patrimonial, a gastronomía, a cultura ou o desenvolvemento económico.
Dende fai anos ambos os dous municipios manteñen un forte vínculo ao realizar intercambios culturais e gastronómicos entre a veciñanza de cada concello que se despraza para poñer en valor os seus produtos e dar a coñecer o seu patrimonio e a súa cultura. Este vinculo veciñal institucionalizase agora con esta proposta de irmandamento que supón un marco permanente de colaboración.
Escrito por Líder Redacción




2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)