Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today26 agosto, 2026
O rexedor amesán, Blas García, dixo “no ano 2011 inaugurouse o campo de fútbol do Milladoiro, por iso agora toca facer unha renovación en profundidade deste espazo deportivo. O Concello de Ames impulsa unha actuación integral no campo municipal do Milladoiro para ofrecer unha instalación máis moderna, segura e accesible para deportistas e afección, que ademais contará coa colaboración da Xunta de Galicia, que financiará a obra ao 50%”
A concelleira de Deportes, Susana Señorís, mostrouse satisfeita “pola resposta positiva que recibimos da Xunta de Galicia ante a solicitude da axuda feita ao Fondo de Cooperación Local. Trátase dunha actuación moi demandada, xa que é unha instalación inaugurada no ano 2011, e debido aos numerosos partidos e adestramentos que se fan nela, era necesario facer unha renovación do céspede artificial. Ademais, vanse a realizar outras melloras como habilitar unha zona de quecemento e melloras na grada. Agardamos poder facer as obras no verán de 2027, para que o campo estea dispoñible de cara ao inicio da temporada 2027 – 2028”
Ames, 26 de agosto de 2026.- O Concello de Ames e a Xunta de Galicia sufragarán as obras de mellora das instalacións do campo de fútbol municipal do Milladoiro. O custo do proxecto ascende a 516.818,64 euros e será sufragado o 50% a través de recursos propios municipais e o 50% restante a través do programa do Fondo de Cooperación Local (FCL) para infraestruturas municipais de carácter estratéxico da Xunta de Galicia. Esta actuación permitirá dispor dunhas instalacións máis modernas, seguras e accesibles para os deportistas e afeccionados/as. Deste xeito, contarase cun novo céspede artificial de última xeración certificado e melloras nas gradas con novos asentos e impermeabilización, entre outras actuacións.
Esta mañá o alcalde de Ames, Blas García, e a concelleira de Deportes, Susana Señorís, achegáronse ata o campo de fútbol do Milladoiro para manter unha xuntanza co presidente da SD Milladoiro, José Manuel Dacosta, e coa presidenta do Biduído SR, Ana Belén Casuso Nieto. Entre os asuntos tratados destacou a mellora do campo de fútbol do Milladoiro, unha infraestrutura deportiva clave para o maior núcleo de poboación do concello. Esta actuación permitirá modernizar as instalacións e adaptalas ás necesidades actuais dos clubs e das persoas usuarias.
O proxecto ten un custo total de 516.818,64 euros que segundo explica o alcalde “permitirá seguir fomentando a práctica deportiva en Ames con instalacións de maior calidade, confort e seguridade para todas as persoas que fan uso destas instalacións”. A actuación será sufragada a partes iguais entre o Concello de Ames e a Xunta de Galicia. Deste xeito, o 50% sufragarase con recursos propios municipais e o 50% restante a través do programa do Fondo de Cooperación Local (FCL) para infraestruturas municipais de carácter estratéxico da Xunta de Galicia.
O rexedor amesán, Blas García, dixo “no ano 2011 inaugurouse o campo de fútbol do Milladoiro, por iso agora toca facer unha renovación en profundidade deste espazo deportivo. O Concello de Ames impulsa unha actuación integral no campo municipal do Milladoiro para ofrecer unha instalación máis moderna, segura e accesible para deportistas e afección, que ademais contará coa colaboración da Xunta de Galicia, que financiará a obra ao 50%”.
Ademais, engadiu “levamos anos traballando neste proxecto. Exploramos vías de colaboración coa Deputación da Coruña e tamén solicitamos unha axuda a Xunta de Galicia. Finalmente, tivemos resposta positiva por parte da Xunta, polo que optamos por esta vía. É algo moi necesario que levan reclamando hai tempo o Milladoiro SD e mailo Biduído SR. Despois de 15 anos desde a inauguración do campo é necesario melloralo, debido ao estado do terreo de xogo, xa que presenta risco de lesión para os deportistas. Temos que coidar e tratar de mellorar as instalacións deportivas que temos, e neste caso tócalle a este campo de fútbol. Aquí adestran e xogan preto de 20 equipos, polo que é unha instalación que ten moitas horas de uso”.
A concelleira de Deportes, Susana Señorís, mostrouse satisfeita “pola resposta positiva que recibimos da Xunta de Galicia ante a solicitude da axuda feita ao Fondo de Cooperación Local. Trátase dunha actuación moi demandada, xa que é unha instalación inaugurada no ano 2011, e debido aos numerosos partidos e adestramentos que se fan nela, era necesario facer unha renovación do céspede artificial. Ademais, vanse a realizar outras melloras como habilitar unha zona de quecemento e melloras na grada. Agardamos poder facer as obras no verán de 2027, para que o campo estea dispoñible de cara ao inicio da temporada 2027 – 2028”.
Por outra banda, o presidente da SD Milladoiro, José Manuel Dacosta, e a presidenta do Biduído SR, Ana Belén Casuso Nieto, destacaron que “esta actuación supón unha mellora importante do céspede do campo. Ademais, deste xeito vanse a previr lesións nos nosos xogadores, algo que está sucedendo actualmente”.
Actuacións de mellora no campo de fútbol
O proxecto contempla a regularización do firme do terreo de xogo e a substitución do céspede actual por un novo céspede artificial de última xeración certificado. Ademais, prevese a renovación da base, do sistema de drenaxe e da antiga rede de rego, co obxectivo de garantir un mellor mantemento do campo e unhas condicións óptimas de uso durante todo o ano. Tamén se vai habilitar unha nova zona de quecemento e colocaranse novas porterías, banquiños e equipamento deportivo renovado.
Por outra banda, está previsto executar melloras nas gradas con novos asentos e impermeabilización; ampliación das redes parabalóns; novos accesos adaptados e espazos accesibles para persoas con mobilidade reducida; e un novo peche perimetral e acondicionamento das contornas.
Nos último anos executáronse varias actuacións no campo de fútbol do Milladoiro por un importe de 184.254 euros. Deste xeito, construíronse uns novos vestiarios debaixo das gradas por 76.244,28 euros; executouse a reparación doutros vestiarios por 50.880 euros; adquiríronse novos banquiños móbiles por 10.500 euros; e realizouse o cambio de luces de led por 46.630.28 euros.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)