AD

Comarca

A Romaría de Santa Minia xa é Festa de Interese Turístico de Galicia

today26 agosto, 2026

Fondo
share close
AD

26 de agosto de 2026.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe mércores publica a declaración da Romaría de Santa Minia como Festa de Interese Turístico de Galicia, o que supón oficializar o acordo tomado polo Consello da Xunta do pasado 25 de maio. O alcalde de Brión, Pablo Lago, celebra que esta oficialización chegue xusto antes do anuncio da programación desta edición, que xa poderá ser anunciada como Festa de Interese Turístico de Galicia.

“É un paso máis adiante na promoción dunha das romarías máis concorridas, singulares e arraigadas na comarca”, apunta Pablo Lago, quen agarda que “esta declaración como Festa de Interese Turístico de Galicia a bo seguro atraerá a máis romeiros a Brión nos próximos anos”. Ademais, este ano o día grande de Santa Minia, o 27 de setembro, coincide en domingo, polo que se o tempo acompaña suporá un incremento significativo no número de visitantes, que podería situarse por riba das 50.000 persoas durante os días dos festexos.

O Concello de Brión traballa nestes momentos no peche da programación da edición de 2026, cuxo cartel e programa serán dados a coñecer a principios do vindeiro mes de setembro. Ademais das manifestacións de carácter relixioso, a celebración contará con actuacións musicais, gastronomía e unha programación complementaria con diversas actividades socioculturais.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *