AD

Actualidad

A alianza entre BNG e PP faille perder ao Concello de Padrón 100.000 € do POS+ para gasto corrente

today13 septiembre, 2024

Fondo
share close
AD
  • Só existe un precedente en toda Galicia no que se votara en contra de recibir recursos do Plan de Obras e Servizos da Deputación.
  • Por primeira vez na historia de Padrón rómpese a dinámica política de apoiar fondos da Deputación.
  • O resultado do último pleno de Padrón confirma a alianza entre o PP e o BNG

Padrón. 12-9-2024.- O Concello de Padrón vai perde 93.595,17 euros para gasto corrente do POS+ Adicional da Deputación da Coruña porque no pleno extraordinario deste xoves o PP e BNG votaron en contra da proposta do equipo de goberno.

O alcalde, Anxo Arca, lamentou tanto a decisión como as formas dos voceiros da oposición, que se uniron para que Padrón perdese uns recursos absolutamente necesarios para o mantemento dos servizos e infraestruturas públicas municipais.

Durante o pleno o alcalde preguntou a BNG e PP en que axuda a súa actitude ao progreso de Padrón, e recordoulles a ámbolos dous partidos que o PSdeG-PSOE nunca votou en contra dos recursos aportados pola Deputación. “É a primeira vez na historia que se tumba a recepción de fondos para o Concello”, asegurou o alcalde. Queda clara a alianza existente entre PP e BNG que, nesta ocasión, só serviu para que a cidadanía padronesa conte con menos recursos para as melloras que necesita o municipio.

“Queda claro quen está neste momento loitando por acadar un Padrón mellor e quen só se centra en poñer impedimentos ao progreso do noso pobo”, afirmou o alcalde, que valorou de xeito especialmente negativo a primeira intervención dos tres concelleiros populares que acaban de tomar posesión das súas actas. “Chegar ao pleno de Padrón e que a súa primeira intervención sexa privar ao pobo de 100.000 euros para o seu desenvolvemento é absolutamente vergonzoso. Un retorno memorable do señor Rodríguez Conde”, afirmou Anxo Arca.

Pensando no futuro do mandato o alcalde avoga por recompoñer as canles de negociación co BNG sempre que se realicen “nun ton de cordialidade e xenerosidade mutua, centrados no ben do pobo, sen erguer a voz”.

Está por ver se o BNG se abre a apoiar ao goberno padronés ou se avanzará na súa relación co Partido Popular ata acadar unha moción de censura. Entre tanto, mentres a situación se aclara, “o goberno socialista de Padrón continuará traballando arreo como leva facendo ata agora para que o pobo continúe no bo camiño e acade as mellores fontes de financiación”, asegurou Anxo Arca.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%