AD

Destacado

A asociación O Esquío no Piñeiro e o Concello de Brión organizan unha «Andaina do Terror»

today15 noviembre, 2023

Fondo
share close
AD

A asociación O Esquío no Piñeiro e o Concello de Brión organizan unha “Andaina do Terror”

15 de novembro de 2023.- A asociación O Esquío no Piñeiro, en colaboración co Concello de Brión, organiza unha “Andaina do Terror”, que terá lugar na tarde/noite do 25 de novembro. Trátase dunha andaina teatralizada, de 5 quilómetros de lonxitude e dificultade baixa que partirá ás 20:30 horas da Carballeira de Santa Minia.

Parta participar é preciso traer lanterna e anotarse na web https://i.gal/AndainaTerror23 antes do 22 de novembro. O número de prazas estará limitado a 200. A cota de inscrición é de 12 euros para persoas adultas e de 6 euros para menores de 10 anos.

Inclúe a participación na andaina, un agasallo conmemorativo e unha chocolatada ao remate da camiñata.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%