AD

Sin Categoría

A Baña contará o vindeiro ano cun presuposto de 3,9 millóns de euros

today23 diciembre, 2023

Background
share close
AD
  • As contas foron aprobadas cos votos do equipo de goberno e a abstención do PP
  • Rexeitada a RPT cos votos en contra de PP e BNG

A Baña. 23-12-2024.- O Concello da Baña contará en 2024 cun “presupostos austeros e realistas” de 3,9 millóns de euros que permitirán “pagar as débedas de máis dun millón de euros que nos deixou o anterior goberno”, segundo explicou o alcalde, José Antonio Pereira, no Pleno celebrado onte. As contas foron aprobadas cos votos a favor do equipo de goberno (PSdeG e BNG) e a abstención da oposición. A Corporación rexeitou a RPT cos votos en contra de PP e BNG.

Os presupostos aprobados onte son lixeiramente inferiores aos do presente exercicio. “Son un presupostos austeros e realistas, que nos permitirán pagar a débeda que herdamos do anterior goberno, que manteñen as axudas a colectivos sociais”, nos que se engade unha subvención de 12.000 euros para a Festa da Filloa e outra partida de 300.000 euros para a mellora da estrada entre Vilar da. Torre e Paramos, segundo explicou José Antonio Pereira.

Na mesma liña incidiu a tenente de alcalde, Mónica González, ao asegurar que estas contas “permitirán pagar servizos básicos e as facturas pendentes a pequenos provedores”.

Dende o PP, Andrés García Cardeso votou en falta a desagregación das inversións, pero dixo que o seu grupo “quería ser construtivo” e adiantou a abstención.

A maior partida de ingresos dos presupostos da Baña para 2024 proceden das transferencias correntes doutras administracións (2,52 millóns de euros). Os impostos directos (639.000 euros), as taxas e prezos públicos (334.000) e as transferencias de capital (307.000) son as outras partidas máis relevantes.

Polo que se refire aos gastos, a maior parte destínanse a pagar dos gastos correntes e servizos que recibe a veciñanza (1,74 millóns de euros) o para gastos de persoal (1,43 millóns). Para investimentos reais resérvanse 491.000 euros e outros 191.000 para transferencias correntes.

Rexeitada a RPT

Non houbo o mesmo consenso na aprobación da RPT (relación de postos de traballo). O alcalde dixo que despois de varios anos de traballo e negociación cos sindicatos e traballadores, presentábase presentaba un documento moi importante para organizar o traballo do persoal municipal, que busca a eficiencia da administración local, e a mellora as condicións dos traballadores, creando incluso novos postos de traballo. Para José Antonio Pereira este é un “documento vivo, que se pode mellorar, e que está consensuado cos representantes dos traballadores. Na última mesa de negociación aclaráronse moitas dúbidas”, dixo.

Dende o PP pediron retirar o punto da orde do día para seguir negociando e buscar o consenso con traballadores e sindicatos. Mónica González (BNG) dixo que a RPT non cumpre coa optimización dos recursos humanos dos que dispón o concello, que ten incongruencias e que non ten o respaldo da maioría dos traballadores municipais.

Ao sometela a votación, o PSdeG (5) votou a favor e o PP (5) e BNG (1) votaron en contra, polo que a RPT foi rexeitada.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%