Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today16 septiembre, 2026
O comité de coordinación constituído para facer seguimento do vertido en Tordoia volveu reunirse a última hora da tarde deste mércores para analizar a evolución da situación e preparar as actuacións necesarias ante unha eventual afección ao abastecemento de auga.
Durante a reunión valoráronse os últimos datos dispoñibles sobre o avance do vertido. Segundo a información facilitada polo servizo de Santiago, a súa evolución está a ser lenta.
Ante os posibles escenarios, o comité realizou previsións para afrontar un eventual corte da subministración. Tamén se estudaron medidas destinadas a protexer a rede municipal fronte a unha posible contaminación e evitar problemas derivados dunha perda de presión.
Ademais, solicitouse formalmente e por escrito a Augas de Galicia información e unha valoración técnica detallada sobre a evolución do vertido. En concreto, requiríronse datos sobre a previsión da súa chegada ao río Tambre, as medidas adoptadas ata o momento, os sistemas de monitorización postos en marcha e os mecanismos de coordinación operativa entre as administracións e servizos implicados.
O comité continuará pendente da evolución do episodio e da información técnica dispoñible para adaptar as medidas de prevención e resposta ás circunstancias.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)