Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
• A competición amplíase este ano a tres xornadas e disputarase do venres ao domingo nas pistas de Lañas
• A inscrición, dirixida a persoas afeccionadas maiores de 10 anos, estará aberta ata o martes 13 de outubro ás 23.59 horas
A Baña. 29-9-2026.- Animado pola boa acollida das edicións anteriores, o Concello da Baña celebrará o V Torneo de Pádel A Baña os próximos días 16, 17 e 18 de outubro nas pistas de Lañas. De feito, a competición amplíase así este ano a tres xornadas, unha máis que nas edicións anteriores ao disputarse tamén o venres, a maiores de na fin de semana. A participación está dirixida principalmente a xogadores e xogadoras afeccionados/as maiores de 10 anos.
As inscricións poderán facerse ata o martes 13 de outubro ás 23.59 horas, chamando ao teléfono 633 499 635 (Dani).
O V Torneo de Pádel A Baña contará cun total de oito categorías: segunda masculina, feminina e mixta; terceira masculina, feminina e mixta; iniciación masculina e iniciación feminina. Cada categoría deberá reunir un mínimo de catro parellas inscritas para poder disputarse. A Dirección Técnica poderá subir de categoría aquelas parellas que o soliciten ou que, polo seu nivel de xogo, non se correspondan coa categoría na que se anotaron.
A inscrición ten un custo de 10 euros por participante. Aquelas persoas que participen en dúas categorías pagarán 15 euros e, se compiten en tres, o prezo será de 22 euros.
Os partidos disputaranse ao mellor de tres sets, con tie-break a sete puntos en caso de empate a seis xogos e con sistema de punto de ouro. O comité de competición facilitará o cadro e os horarios do torneo 48 horas antes do inicio. No caso de non poder xogar o partido na hora asignada, os/as participantes deberán comunicalo ao comité de competición para valorar posibles modificacións.
As bases completas do V Torneo de Pádel A Baña poden consultarse no arquivo adxunto ou premendo nesta ligazón habilitada na web municipal.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)