AD

Deportes

A canteira do Compostela Esgrima estrea a tempada con dez medallas en Vigo

today19 octubre, 2026

Fondo
share close
AD

O Compos foi o club con maior representación no primeiro torneo do Ranking Galego de espada, con 13 inscricións e un balance de dous ouros, catro pratas e catro bronces.

A rapazada do Compostela Esgrima comezou a tempada de competición cunha destacada actuación en Vigo. O primeiro torneo do Ranking Galego de espada, organizado polo club Cidade de Vigo, reuniu as categorías mixtas de menores de 9, 11 e 13 anos, ademais das probas masculina e feminina de menores de 15 anos.

O Compos regresou con dez medallas e, sobre todo, coa ilusión de seguir medrando, nunha xornada na que tamén houbo espazo para as primeiras experiencias competitivas.

Na categoría M11, Víctor Miranda e Martiño Ojea protagonizaron unha final entre compañeiros. Víctor acadou o ouro e Martiño, representante da escola de Silleda do Compos, fíxose coa prata.

En M13, Alicia Mourelle conquistou o ouro tras vencer na final ao seu compañeiro Xoel Díaz, que rematou como subcampión. Cibrán Alvar, dominador da primeira fase, completou o podio compostelán cun bronce. Amelia Fernández foi quinta e Álex Agraso rematou na oitava posición.

Alicia Mourelle volveu subir ao podio na categoría M15 feminina, superior á súa, na que conseguiu a prata tras disputar a final ante Lucilla Antiveros, do 100Tolos. Carolina Darriba e Songyi Sieira sumaron dous bronces para o club, mentres que Nina Miranda, da escola de Silleda, quedou moi preto das medallas cun quinto posto.

Na proba M15 masculina, Víctor Diez acadou o subcampionato e a medalla de prata nunha final fronte a Héctor Cancio, do 100Tolos. Roque Devesa conseguiu o bronce e Denís Lago rematou quinto.

Unha estrea que deixa motivos de orgullo para toda a familia do Compostela Esgrima: polos resultados, polo esforzo de cada participante e pola valentía de quen deu o paso de competir por primeira vez. O equipo volve de Vigo con dez medallas e moitas ganas de seguir compartindo aprendizaxes e experiencias.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *