AD

Actualidad

A carballeira de Conxo encheuse de festa na VII edición do Banquete

today25 mayo, 2026

Fondo
share close
AD

Tras dous días cun programa repleto de actividades para todos os gustos e idades, o día grande da festa arrancou co desfile «Alá van estudantes e artesáns» que partiu da praza do Toural e percorreu as rúas de Compostela baixo a coordinación artística dos Quinquilláns, ata chegar á praza de Conxo, onde Nuria González Casais e Maika González Rozas, veciñas de Vidán e do Eixo, parroquias invitadas este ano, deron lectura ao pregón. A continuación, a comitiva dirixiuse á carbarlleira de Conxo onde se fixo unha representación teatral do Banquete para dar paso ao tradicional xantar e romaría popular cos brindes de veciños e veciñas.

Pola tarde celebrouse «O serán da Fraternidade», unha foliada que estivo amenizada pola música e bailes tradicionais de Devagarinho de Villestro, Asociación de Música e Baile tradicional de Conxo, Grupo de cantos de taberna Cantador@s de Recandea do Castiñeiriño, Muiñeiros do Sarela e Asociación Pena Maior de Marrozos, seguido polo pregón de despedida da Festa, a cargo de Manolo Portas.

Todo isto veu acompañado do Mercado do Libro na praza de Aurelio Aguirre. Ademais, o mercado completouse con numerosas actividades paralelas para adultos e para a cativada.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *