AD

Actualidad

A empresa palense Campomayor gaña o Premio Cepyme á innovación tecnolóxica

today30 enero, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

A empresa palense “Granjas Campomayor” acaba de recibir o Cepyme á Innovación Tecnolóxica na décima edición dos premios, que se celebraron no Centro de Arte Reina Sofía de Madrid. Participou xunto a máis de 2.700 proxectos seleccionados. Campomayor foi un dos doce galardoados. A entrega dos premios foi presidida polo rey Felipe VI, que eloxiou a empresa na entrega do galardón e destacou a importancia das pequenas e medianas empresas.

O galardón foi recibido pola CEO da compañía palense, María Caridad García Busto, quen destacou “a historia que temos detrás de traballo, tesón e cariño polas cousas ben feitas e o que nos diferencia”. Ademaís engadiu que “este percorrido nos deu un gran coñecemento da industria e permitiunos chegar ata donde estamos e desfrutar de recoller un premio como este”.

O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, amosou a satisfacción de que sea unha empresa do municipio a que se alce con esta distinción e recoñecemento a nivel nacional. Trásladalle en nome do Concello de Palas de Rei, os parabéns por este premio Cepyme á Innovación Tecnolóxica que recoñece a súa excelencia.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%