AD

Comarca

A Festa do Salmón da Estrada bate récords con 18 restaurantes na degustación popular

today22 abril, 2026

Fondo
share close
AD

A Estrada, 22 de abril de 2026.- A degustación popular da LII Festa do Salmón da Estrada segue espertando o interese do sector da restauración local e suma novas incorporacións, chegando aos 18 participantes. Todos eles ofrecerán as súas creacións culinarias na carpa de gran formato que nas vindeiras semanas quedará instalada na Praza da Constitución, ao pé do consistorio.

Deste xeito, teñen confirmada a asistencia a esta degustación A Casa do Pan, Riala, Samaná, A Lacena de Chucha, Gran Vía, Malo Será, Río Liñares, Inferno, Os Peares, Cepa e Viño, Navegación, Mr Pizza, Cervela, Velis Nolis, A Casa do Lagoeiro, O Candil de Silvia, Andalucía e Scala.

A cifra de asistentes pulveriza todas as marcas da festa e vén mesmo a duplicar a asistencia de antigas convocatorias. Sen ir máis lonxe, supón medrar en 6 firmas a asistencia da xa de por si concorrida e exitosa edición de 2025, cando foron 12 os establecementos participantes.

Os pratos destes 18 participantes comezarán a servirse o 17 de maio ás 12.00 horas, ata fin de existencias. A venda anticipada de tíckets, que permitirán evitar colas e calcular se sería preciso incrementar as 5.500 racións inicialmente previstas, arrancará o 8 de maio nos locais participantes, xusto coa convocatoria das xornadas de tapas do Salmón.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *