AD

Comarca

Rianxo en Común e PSOE concorrerán xuntos ás próximas eleccións municipais

today10 octubre, 2026

Fondo
share close
AD

Rianxo en Común anunciou un acordo co PSdeG-PSOE para configurar unha candidatura conxunta de cara ás próximas eleccións municipais, co obxectivo de sumar unha maioría suficiente para continuar á fronte do Concello e impulsar novos proxectos estratéxicos para o municipio.

A formación local asegura que este acordo supón “un paso adiante” para construír unha candidatura con capacidade non só para gañar os comicios, senón tamén para acadar unha maioría que permita “seguir transformando Rianxo”.

Segundo explica Rianxo en Común, a alianza pretende tamén garantir a continuidade dunha serie de investimentos considerados estratéxicos e facilitar o desbloqueo de proxectos que cualifica como fundamentais para o futuro do municipio.

A decisión chega nun contexto político que a formación describe como marcado pola “crispación e o enfrontamento continuo”, unha situación que, segundo recoñece, tamén se deixou sentir nos últimos meses no seo da Corporación Municipal.

Neste sentido, Rianxo en Común defende a necesidade de deixar de lado intereses particulares e apostar por alianzas que permitan superar o clima de tensión política e centrar a acción municipal “no importante: o ben común”.

A formación admite tamén que durante este período se puideron cometer erros, pero reivindica o traballo desenvolvido ao longo dos últimos tres anos e as actuacións realizadas para mellorar o día a día da veciñanza.

“Ese é o noso único interese e só por iso damos hoxe este paso”, conclúe Rianxo en Común ao explicar os motivos do acordo electoral co PSdeG-PSOE.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *