AD

Comarca

A Guadalupe reúne aos maiores de Rianxo no tradicional Xantar de Confraternidade

today18 septiembre, 2024

Fondo
share close
AD

Máis de 200 veciñas e veciños participaron hoxe mércores no tradicional Xantar de Confraternidade, unha homenaxe ás persoas maiores, que se celebra no marco das Festas da Guadalupe en Rianxo. O evento, celebrado con gran éxito, é unha das citas máis esperadas dentro da programación das festividades, que este ano teñen lugar do 13 ao 20 de setembro.

Aínda quedan moitas actividades por gozar nestes días. Esta tarde destaca a Feira do Circo no parque da Martela a partir das 16:30, e pola noite, a verbena estará amenizada por Satélites e América de Vigo. O xoves 19 será o día do Feirón Mariñeiro, cunha recreación da Feira de 1924 nas rúas do centro histórico, mentres que a noite pechará cunha gran Noite Folc e a verbena con Cinema e Gran Parada. Para finalizar, o venres 20, as celebracións rematarán cunha gran verbena e a traca final acompañada do tradicional canto de «A Rianxeira».

Reportaxes especiais en Radio Líder Santiago

As Festas da Guadalupe seguen sendo protagonistas en Radio Líder Santiago, con especiais dedicados a eventos destacados como o Día de Padrón celebrado onte martes ou a emocionante Procesión Marítima, que tivo lugar o pasado domingo.

GALERÍAS DE FOTOS

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%