AD

Actualidad

A IX Andaina Terras de Altamira convertirá a Brión na capital galega do sendeirismo

today29 febrero, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

  • Un ano mais a proba estará incluída na Liga Ibérica de Sendeirismo da Federación Española o que fará que participen numerosas persoas de fora de Galicia.

A IX Andaina Terras de Altamira esta organizada pola asociación O Esquío no Piñeiro e o Concello de Brión e celebrarase o vindeiro 11 de maio sobre tres distancias, 16, 36 ou 50km que cadaquén pode escoller dependendo da súa forma física. A proba será valedoira para a Liga Galega de Sendeirismo da Federación Galega de Montañismo e para a Liga Ibérica de Sendeirismo da Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada. “Que un ano máis a proba sexa puntuable para a Liga Ibérica ten un valor engadido pois poden achegarse arredor de douscentos deportistas de fora de Galicia a competir en Brión co retorno económico que isto supón para o noso municipio”, explica Jose Manuel Trigo, director deportivo da proba.

A andaina volverá a realizarse sobre os mesmos circuítos do ano 2023 dos que xa puideron gozar os mais de 650 participantes cos que contou a pasada edición. Aínda así, para este ano estanse xestando novidades pois “estamos traballando na apertura dun vello camiño en desuso que restará un bo anaco de asfalto ao percorrido”, salienta Marcos Delgado, director de seguridade da proba e presidente da Asociación O Esquío no Piñeiro.

APERTURA DE INSCRICIÓNS

A proba partirá o sábado 11 de maio, as 9 horas, das inmediacións da Carballeira de Santa Minia en Brión. As inscricións estarán abertas dende o 15 de marzo e os prezos variarán dependendo da data na que se anoten, tendo en conta que os que o fagan con maior celeridade contarán con maior desconto. As persoas menores de 14 anos pagarán 8€ durante todo o período de inscrición e as que posúan licenza da federación galega reduciran o prezo en 2 euros. Para anotarse ou para consultar mais información habilitouse a web www.andainaterrasdealtamira.org.

PRESENTACIÓN DA ANDAINA

A proba vai ser presentada nunha gala que se celebrará o vindeiro venres día 15 de marzo as 20h. no Salón de Actos do Centro Social Polivalente de Brión. Este evento estará conducido por Diego Viaño, recoñecido meteorólogo da TVG, e na que tamén estarán presentes Pablo Lago, Alcalde de Brión; Javier Rico, delegado do reitor da USC para o Deporte e para a Igualdade; membros da Asociación O Esquío No Piñeiro e diversas autoridades da Federación Galega de Montañismo.

Nesta gala explicaranse os pormenores da proba, falarase das novidades do percorrido para este ano 2024 e tamén contaremos coa gran actuación de Federico Pérez, recoñecido actor e humorista galego con papeis en series como Padre Casares, Air Galicia, La Casa de Papel… e galardoado nos premios Mestre Mateo do ano 2023 como mellor actor de reparto pola película O Corpo Aberto.

Para asistir a esta presentación será necesario retirar invitacións na web billeteria.concellodebrion.gal

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%