AD

Actualidad

A Mancomunidade do Camiño Francés estreita lazos coa Republica Dominicana

today5 mayo, 2026

Fondo
AD

Arzúa, 5 de abril de 2026,- A Presidenta da Mancomunidade, Begoña Balado Conde, acompañada dos Alcaldes e representantes de Paradela, Portomarín Monterroso, Palas e O Pino, reuníronse co presidente do centro galego na República Dominicana, D. Antonio Sánchez.

O obxectivo deste encontro, foi o de explorar vías de colaboración para promover o Camiño de Santiago Francés entre os habitantes desta isla.

A República Dominicana, ata fai poucos anos era un país asociado ó turismo barato e cun limitado desenvolvemento económico, pero nos últimos anos sufriu unha transformación que a convirteu nun país atractivo para inversións extranxeiras que fixo da súa economía, unha das máis estables de América Latina.

Queremos que o Camiño Francés siga sendo a principal vía xacobea, así que non só imos promocionar o noso Camiño en países que xa envían peregrinos, senon que imos dar un paso máis, e ensinar todo o noso potencial alá onde non se nos coñece, afirma Begoña Balado, Presidenta da Mancomunidade.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *