AD

Actualidad

A zona ORA na contorna do CHUS non obrigará á rotación do vehículo

today24 enero, 2024

Background
share close
AD

 

 

 

24/01/2024 Ante as dúbidas relativas á próxima implantación da zona ORA na contorna do Hospital Clínico, o Concello de Santiago fai unha serie de aclaracións sobre este asunto.

O Concello de Santiago fai as seguintes aclaracións:

A zona ORA afectarálle ás seguintes rúas:

– Avenida de Barcelona:110 prazas
– Rúa de Antonio Rama: 32 prazas
– Rúa de Manuel Caeiro: 16 prazas
– Avenida de Bilbao: 43 prazas
– Rúa Sempre en Galiza: 40 prazas
– Rúa de Valentín Varela Iglesias: 22 prazas

Polo tanto, a zona ORA non lle afectará ás prazas de residentes da zona 9 de Santa Marta, nin ás 90 prazas para residentes en horario nocturno nin ás 40 prazas do réxime xeral de residentes.

A zona ORA que se prevé na contorna do Hospital Clínico funcionaría baixo o réxime xeral pero sen obriga de rotación, de maneira que calquera persoa pode renovar o tíquet cada dúas horas sen obriga de mover o vehículo, ao contrario do que acontece nas outras rúas nas que está implantado o sistema ORA.

O obxectivo da implantación da zona ORA na contorna do CHUS é evitar a presenza dos denominados «vehículos ventosa», que son aqueles que permanecen estacionados na mesma praza durante longos periodos de tempo, habitualmente durante a semana laboral.

Os datos de ocupación das prazas de residentes revelan que na Zona 9 de Santa Marta a maior demanda é en horario nocturno, cando a ocupación da zona verde acada o 93 %. En horario diurno, desde as 9:00 ata as 21:00 horas; permanecen desocupadas entre o 21 e o 23 % das prazas de residentes. En todo caso, o departamento de Tráfico non descarta estudar a ampliación das prazas de residentes, fundamentalmente en horario nocturno, se se considera necesario.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%