AD

Actualidad

Aberta a inscrición para o ‘O Pino Aventura’ o 11 de maio en Ferreiros

today24 abril, 2024

Background
share close
AD

 

 

 

  • Poden participar adultos e rapazada a partir de 8 anos en equipos de 2 a 5 membros
  • A proposta fomenta o xogo en equipo, o exercicio, a agudeza mental e o coñecemento do territorio
  • Está organizada polo Concello do Pino en colaboración con Mundo Comanche, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña
  • A data límite para anotarse é o venres 10 de maio ás 12:00h

 O Pino.23-4-2024.- O Concello do Pino abriu o prazo de inscrición para a terceira edición de O Pino Aventura, unha actividade destinada a fomentar o espírito de equipo, o exercicio físico e o coñecemento do territorio. Esta proposta, deseñada para adultos e rapazada a partir de 8 anos, está organizada polo Concello en colaboración con Territorio Comanche, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.

O evento terá lugar o sábado 11 de maio, cunha saída prevista ás 10:30h desde a igrexa de San Verísimo de Ferreiros. Os participantes, organizados en grupos de entre 2 e 5 persoas, deberán orientarse cun mapa e ir superando diversas probas físicas e de coñecemento para conseguir o máximo número de puntos posibles, nun xogo de estratexia no que o traballo en equipo é fundamental para acadar o éxito.

O Pino Aventura contempla dúas categorías: Pequen@s Piñeir@s, reservada para os grupos nos que haxa, polo menos, un menor de 12 anos; e Explorador@s Piñeir@s para os equipos nos que todos os seus membros sexan maiores desa idade.

Para formalizar a inscrición, as persoas interesadas deberán facelo antes do venres 10 de maio ás 12:00h, contactando co número de teléfono 981 51 10 65 ou enviando un correo electrónico a cultura@opino.gal. Ademais, a ficha de inscrición está dispoñible para descarga nesta ligazón: https://acortar.link/a3v1KZ

Alén diso, é importante lembrar que cada equipo deberá proporcionar os seguintes datos: nome do equipo, teléfono de contacto e nome completo con data de nacemento de cada integrante. No caso de menores de idade, será necesaria unha autorización do pai, nai ou titor/a.

 

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%