AD

Actualidad

Aberta de novo ao tráfico a rúa das Rodas

today7 septiembre, 2026

Fondo
share close
AD

A rúa das Rodas quedou aberta ao tráfico desde este luns, despois de que as primeiras probas realizadas no novo sistema semafórico se desenvolvesen con normalidade.

A previsión inicial era levar a cabo durante a mañá as primeiras comprobacións do funcionamento dos semáforos. Unha vez constatado que todo funcionaba correctamente, optouse por abrir xa a vía ao tránsito de vehículos.

Esta apertura permite gañar uns días para facilitar a adaptación á nova situación do tráfico, especialmente de cara ao inicio do curso escolar, previsto para esta mesma semana.

Deste xeito, condutores e demais usuarios da vía dispoñen dun período previo para familiarizarse coa nova configuración e co funcionamento da circulación na zona antes do incremento de mobilidade asociado á volta ás aulas.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *